Wednesday 01 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros esixe retirar ao “can” do mural alegórico á procesión en honra de Santa María de Oleiros


No debuxo aparece un can que, erguido sobre as patas de atras, acompaña ao cortexo.

Para o Partido Popular aínda que en materia artística todos os gustos son respectables, algunhas expresións creativas non deixan de ser inconvenientes e de moi mal gusto.

“Non somos capaces de interpretar o significado do can procesionando en Oleiros pero, desde logo, non transmite nada bo da parroquia, nin da procesión, nin do nivel artístico do municipio. Sobre a calidade do traballo, reservámonos a opinión”.

O tema suscitou un enorme “cabreo” entre os veciños que o consideran ofensivo e solicitan a retirada.

“Se o mural fóra sobre o día de San Antón, patrón dos animais, se se podería xustificar a integración do can ao que, mesmo, podería acompañar o responsable municipal que aprobou o deseño”.

O Partido Popular considera que hai que seleccionar ao seleccionador de obras de arte e non deixar este asunto en mans do Alcalde para cuxos gustos e preferencias non existe cualificativo.